nekerafa

joined 3 years ago
MODERATOR OF
 

Qué es Atlantic Games Conference? 🔹Charlas de calidad y actividades para fomentar el networking y conocer la zona 💛 🩷 🔹Dónde? Carballo, A Coruña 🌱 🔹Cuándo? 4 y 5 de Abril 🌟

 

A asociación galega de videoxogos e contidos interactivos comeza o ano cunha nova xunta directiva co obxectivo de dar pulo ao seu crecemento e acadar un maior impacto no sector.

 

Coma que xa pasou dous anos dende que levo administrando o servidor de mastodon e un dende este lemmy e a web fediverso.gal

Pff, como pasa o tempo. E todo o que tivemos que aguantar nestes dous anos!

Pero bueno, espero que sigamos a tope nos vindeiros anos, creando novas instancias do fediverso en galego (bueno carallo, necesito unhas vacacións da vida para poñerme co traballo atrasado).

En fin, felicidades a todes no fediverso, que este é o voso cumple, sobre todo!

 

Ten moi boa pinta o cartel da Guadalindie. Para ser a primeira vez que o fan, van moi a tope

 

Bo día xente!

Estes días estou continuando coa páxina web de fediverso.gal (que non me olvidei, pero tiven moito traballo e vou lento). Estou a facer as tarefas de maquetación da páxina web e estaba pensando en que, xa que temos esta sección no foro, pediros a quen queira participar para engadir fotos a cabeceira da páxina web.

Nestes momentos está tal que así:

Captura da páxina web en desenvolvemento

Estou a usar fotos de recursos libres, como Wikipedia e demáis, pero pensando que isto ao final é algo colaborativo, penso que está ben que toda a xente que queira poda contribuir. Por iso aproveito esta comunidade, para que, se queredes, podedes enviar as vosas fotografías coas seguintes restriccións:

  • Preferiblemente en formato webp o avif, pero me vale calquer formato libre ou compatible con GIMP (para recodificalo se fora necesario).
  • A resolución da web aplicase a 2560x720, podedes envialo nesta ou ocupome de recortalo.
  • A licencia da fotografía ten que ser unha licencia libre (por exemplo Creative Common Attributions ShareAlike 4.0). Engadirei a autoría nun pe de páxina acima da imaxe.

Non importa cando o fagades, que vou estar revisando este topic se algunha persoa se anima hahaha.

Saudiños!!

 

Perdoade o spam, pero quería compartirvos o código que fixen estes días en Twitch con Raspberry Pi Pico e Pico Display, unha pantalla LCD.

Placa de Raspberry Pi Pico e placa de Pico Display xuntas

A miña idea era facer un Come Uvas (replicando un pouco o concepto de PacMan) para teren un xogo para fin de ano. Estiven facendo para iso unha mini biblioteca de sprites (usando a biblioteca de PicoDisplay, dos de Pimoroni) que soporta animacións, e claro, mentres o facía, non me deu tempo a terminar o xogo. Ainda así quedou unha animación moi chula, polo que comparto con vos como quedou o código :3

Resultado da animación feita. Se pode ver un comecocos, unha uva que vai para o comecocos e unha campá que movese cada vez que hay que comer unha uva

GitHub: github.com/NEKERAFA/especial-twitch-2022

 

[Guía] Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal


foros.fediverso.gal usan como software Lemmy, que é un agregador de ligazóns e comunidade de software libre. Un dos seus puntos bos é que usa o protocolo ActivityPub, que é un dos protocolos de interconexión de redes sociais no fediverso, polo que en principio, podemos consultar estes foros dende a nosa instancia de mastodon, mastodon.gal. É por iso que nesta publicación quero deixar un resumo de como podemos facer isto.


Comunidades

As comunidades en Lemmy son coma foros individuais onde se fala dunha temática ou dun debate concretos, como pode ser esta !mastodon@foros.fediverso.gal, ou !main@foros.fediverso.gal, !moderacion@foros.fediverso.gal, etc...

Consultar comunidades

Cando se crea unha destas comunidades, aparecerá no fediverso como unha conta da instancia. É por iso que dende mastodon poderemos acceder a @mastodon@foros.fediverso.gal, @main@foros.fediverso.gal, @moderacion@foros.fediverso.gal, etc... Calquera publicación nestas comunidades verase como un toot promovido na liña de tempo desde usuario.

Publicar nunha comunidade

Para poder publicar nunha comunidade tes que ter unha conta nunha instancia de Lemmy (por exemplo, no noso caso en foros.fediverso.gal).


Usuarias

As usuarias de Lemmy son coma as usuarias de mastodon: teñen un nome reservado e pódense personalizar, como pode ser o meu @nekerafa@foros.fediverso.gal.

Consultar usuarias

Para consultar as mensaxes publicadas por unha usuaria dende mastodon, so temos que facer a búsqueda como se fora otra instancia aparte (@nekerafa@foros.fediverso.gal). Independientemente de onde publique a usuaria, vainos sair un resumo do seu mensaxe Post da usuaria @nekerafa de exemplo.

Respostar as usuarias

Como Lemmy implementa o protocolo ActivityPub, que tamén usa mastodon, podemos repostar as publicacións das usuarias directamente dende mastodon. As usuarias de Lemmy poderan ver os post das mensaxes de mastodon (https://foros.fediverso.gal/post/2/comment/2) da mesma maneira que en mastodon poderemos ver as mensaxes de Lemmy (https://mastodon.gal/@nekerafa/109440370401762934).

E listo, con isto temos de sobra para poder manexarnos polas dúas redes sen perdernos. Saúdos!!